Os contidos deste CD-ROM son Copyright (C) 2001 Mandrakesoft S.A. e outros. Mire as notas de Copyright individuais en cada paquete de código fonte para os termos de distribución. Os termos de distribución das utilidades que son copyright de Mandrakesoft e de Red Hat Software están no ficheiro COPYING. Mandrake e o seu logo son marcas comerciais de Mandrakesoft S.A. ============================================================================ ORGANIZACIÓN DO DIRECTORIO RAÍZ O directorio raíz está organizado do seguinte xeito: |----> Mandrake |----> RPMS -- paquetes binarios |----> base -- arquivos de pequenos sistemas de | ficheiros para a instalación |----> mdkinst -- imaxe usada para instalacións gráficas |----> images -- imaxes de boot e ramdisk |----> dosutils -- utilidades de instalación para DOS |----> misc -- ficheiros de código fonte, árbores de | instalación |----> VERSION -- número de versión actual |----> RPM-GPG-KEYS -- sinatura da clave GPG dos RPMs de Mandrake |----> COPYING -- información do copyright |----> INSTALL -- instruccións de instalación |----> README -- este ficheiro Se está a facer un espello a unha partición ou a un volume NFS, terá que coller todo o que haxa en Mandrake/, e tamén as imaxes dos discos que precisará para o seu sistema de images/. ============================================================================ INSTALACIÓN Mire o ficheiro INSTALL. NOTA IMPORTANTE DE COMPATIBILIDADE: Mandrake está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD K6, Cyrix M2, PIII...), polo que NON FUNCIONARÁ nos ordenadores antigos baseados no i386 e i486. Sen embargo, unha versión especial compilada para esas CPUs estará dispoñible nos nosos servidores e en CD-Roms baratos. ============================================================================ CÓDIGO FONTE Tódolos paquetes específicos de Mandrake Linux veñen co seu código fonte no CD de fontes (source-CD na PowerPack Edition). Por favor, use os servidores FTP para os fontes. No caso de que non teña acceso a Internet, Mandrake Linux pode enviarlle un arquivo cos fontes cun custo mínimo. ============================================================================ SOPORTE Se ten acceso á web, mire en http://www.linux-mandrake.com/support/ En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en: http://www.linux-mandrake.com/en/flists.php3 Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo principal. Para facelo, mande unha mensaxe a sympa@linux-mandrake.com co seguinte texto: subscribe newbie no corpo da mensaxe. ============================================================================ Se non recibiu documentación con este producto, pode pedi-la Edición PowerPack de Mandrake (varios CDs de Mandrake + Guías de Instalación e Uso + soporte á instalación) ós nosos distribuidores en: http://www.linux-mandrake.com/en/fsinglecd.php3 =========================================================================== Mandrakesoft pode atoparse en: WWW: http://www.mandrakesoft.com/company/contact ===========================================================================